martes, 5 de marzo de 2024

Sargadelos: Fonte oitavada chá


Decoración estampada consistente nun tema central con xardín imaxinario e á beira orla floral sobre encaixe e remate de cresterías. 3ª época. Louza fina de pedernal. 

En primeiro plano aparece  unha grande árbore que equilibra a composición; no xardín no que hai unhas escalinatas e un plinto con decoración de grilandas e volutas, desenvólvese unha escena dunha merenda en torno a un mantel, protagonizada por catro personaxes acompañados por un can. Todos os elementos da paisaxe se distribúen en torno a un río en zig-zag que parece menos cargado en tintas cara atrás para dar a sensación de afastamento. Como pano de fondo aparecen uns cerros picudos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora