Amosando publicacións coa etiqueta cantigas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cantigas. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de febreiro de 2024

O Pergamiño Vindel

 En febreiro de 1914, na revista Arte español. Revista de la Sociedada de Amigos del Arte, e baixo pseudónimo, o libreiro Pedro Vindel dá a coñecer a descuberta dun manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, encontrado servindo de forro a un exemplar de De officiis de Cicerón.

O pergamiño ten sete cantigas de amigo e a música de seis delas:
“Todo el pergamino parece de la misma mano, y se halla escrito con tinta negra el texto, y los pentagramas con tinta roja. Las iniciales son de dos tamaños: una grande al principio de cada pieza musical, y algo más chicas las de cada estrofa, hechas en colores azul y rojo. La sexta canción sólo tiene los pentagramas, no habiéndole puesto la música, acaso porque se cantaría con los mismos tonos o aires que alguna de las otras que contiene este pergamino...”
O diplomático e musicólogo Rafael Mitjana compraría este pergamiño coa intención de estudar a súa música. Despois da súa morte sería adquirido polo bibliófilo Otto Hass e logo posto á venda en Londres, onde foi adquirido por The Morgan Library de Nova York e onde está desde 1977.
En 2017, 40 anos despois de ser adquirida, e por primeira vez na historia, o pergamiño sería exposto ao público. Foi en Galiza e no Museo do Mar en Vigo.

xoves, 27 de outubro de 2022

A espada de D. Dinis

 Desenterrada a espada de Dom Dinís, rei e trobador medieval da lírica galega. Desaparecida hai case sete séculos e descuberta en 2020 na intervención de conservación e restauración do túmulo do rei, a espada de Dom Dinís onte abandonou o mosteiro de Odivelas, Portugal, para ser estudada. "Feita de ferro, punho de prata e aplicação de esmalte, é uma das raras espadas régias encontradas "in situ" na Europa", asinala a Direção-Geral de Património Cultural de Portugal.

Dom Dinís, rei e trobador da lírica galego-portuguesa naceu en 1261, foi coroado en 1270 e faleceu en 1325.

domingo, 7 de novembro de 2021

Lourenço xograr



 Ũa moça namorada
dizia um cantar d’amor,

e diss’ela: “Nostro Senhor,
hoj’eu foss’aventurada
que oíss’o meu amigo
com’eu este cantar digo
”.

A moça bem parecia
e em sa voz manselĩa
cantou e diss’a menĩa:
“Prouguess’a Santa Maria
que oíss’o meu amigo
com’eu este cantar digo
”.

Cantava mui de coraçom
e mui fremosa estava,
e disse, quando cantava:
“Peç’eu a Deus por pediçom
que oíss’o meu amigo
com’eu este cantar digo
”.

luns, 8 de marzo de 2021

Cantiga de amigo de Pero Meogo



—Digades, filha, mia filha velida:
por que tardastes na fontana fría?
     Os amores hei.

Digades, filha, mia filha louçana:
por que tardastes na fría fontana?
     Os amores hei.

—Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
     Os amores hei.

Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
     Os amores hei.

—Mentir, mia filha, mentir por amigo!
Nunca vi cervo que volvess'o río.
     Os amores hei.

Mentir, mia filha, mentir por amado!
Nunca vi cervo que volvess'o alto.
     
Os amores hei.


 

venres, 6 de novembro de 2020

Airas Nunes (na corte de Sancho IV, entre 1284 e 1289)



 Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,

so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d’ estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’ al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.

domingo, 2 de febreiro de 2020

Candelaria

El dos de febrero es la Candelaria, y acontece que sea día claro, soleado, como si calentasen ese día las candelas de la Purificación; algo parecido al veranillo de San Martín, que ya se sabe que se nos mandó en memoria de la capa que Marín partió con el mendigo. En la literatura gallega medieval hay una hermosa canción, una pequeña obra maestra, que escribió un tal Pedro de Viviaez. Me gustaría que el trvador fuese paisano mío, lucense de nación, de San Esteban de Camoira, como imagina José María Álvarez Blázquez. Y habría que poner su nombre en el catálogo de los poetas provinciales, con Pedro de Ver, Lopo -que cantó la romería del Santo Etuelo, que acaso sea San Letuer de Miraz, en Friol-, Pedro de Armea, Xohán de Requeixo... La cantiga de Pedro de Viviaez se refiere a una romería el día de la Candelaria, en San Simón de Valdeprados. Mientras las madres queman candelas en la iglesia, en el atrio bailan las hijas delante de sus amigos: 

Nosos amigos todos lá irán / por nos ver, e andaremos nós / bailando ante eles, fermosas, en cós / e nosas madres, pois alá van, / queimen candeas por nós e por si /e nós, meniñas, bailaremos i.

 Será mediodía, en esa ermita de San Simón. El sol habrá roto el velo de la niebla. Las amarillas prímulas asomarán sus cinco pétalos entre la hierba húmeda todavía del matinal rocío. Las mozas bailarán "tellán" y "mourisco", cogidas de la mano. Habrá gaita, clara como un gallo al alba. Para encontrar algo con que comparar el oro pálido de que se viste la mañana, habrá que recurrir a esos países de la porcelana china, que vienen como poemas en Lacaste y en Gillet: "cuando la nieve levanta en Hsiao y luce el sol, y una dama le muda el agua a un pájaro encerrado en una jaula de mimbre pintado de verde". Y todavía no sería tan hermoso, como en los versos la cantiga de Pedro de Viviaez, ese San Simón de Valdeprados el día de las Candelas; las mozas bailarinas, también risueñas todas candelillas...

Álvaro Cunqueiro: "Vísperas de febrero", in O país da chuvia (p.326)

domingo, 13 de outubro de 2019

Ũa pastor ben-talhada
cuidava en seu amigo
e estava, ben vos digo,
per quant’eu vi, mui coitada;
e diss’: «Oimais non é nada
de fiar per namorado
nunca molher namorada,
pois que mi o meu á errado».
Ela tragia na mão
un papagai mui fremoso
cantando mui saboroso,
ca entrava o verão;
e diss’: «Amigo loução,
que faria por amores,
pois m’errastes tan en vão?».
E caeu antr’ũas flores.
Ũa gran peça do dia
jouv’ali, que non falava,
e a vezes acordava,
e a vezes esmorecia;
e diss’: «Ai Santa Maria,
que sera de min agora?».
E o papagai dizia:
«Ben, per quant’eu sei, senhora».
«Se me queres dar guarida»,
diss’a pastor, «di verdade,
papagai, por caridade,
ca morte m’é esta vida».
[E] diss’el: «Senhor comprida
de ben, e non vos queixedes,
ca o que vos á servida
erged’olho e vee-lo-edes».

luns, 1 de xullo de 2019

Afonso o Sabio: Cantiga CLXVI de Santa María (Foto: Robert Andy Coombs)

 Como pódem per sas culpas | os ómes seer contreitos,

assí pódem pela Virgem | depois seer sãos feitos.

Ond' avẽo a um óme, | por pecados que fezéra,

que foi tolheito dos nembros | dũa door que ouvéra,

e durou assí cinc' anos | que mover-se nom podéra,

assí avía os nembros | todos do córpo maltreitos.

 Como pódem per sas culpas...

Com esta enfermidade | atám grande que avía

prometeu que, se guarisse, | a Salas lógo iría

e ũa livra de cera | cad' ano lh' oferería;

e atám tóste foi são, | que nom ouv' i outros preitos.

 Como pódem per sas culpas...

E foi-se lógo a Salas, | que sól nom tardou nïente,

e levou sigo a livra | da cera de bõa mente;

e ía mui lédo, como | quem se sem nïúm mal sente,

pero tam gram temp' ouvéra | os pés d' andar desafeitos.

 Como pódem per sas culpas...

Daquest' a Santa María | dérom graças e loores,

porque livra os doentes | de maes e de doores

e demais está rogando | sempre por nós pecadores;

e porêm devemos todos | sempre seer séus sogeitos.

A música calada, a soedade sonora