Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
venres, 23 de febreiro de 2024
mércores, 23 de agosto de 2023
domingo, 23 de abril de 2023
luns, 20 de marzo de 2023
Blanco Amor visita a Gala Murguía na súa casa
Estes días cúmprense 60 anos desta imaxe de Xosé Castro que documenta a visita de Eduardo Blanco Amor a Gala Murguía na súa casa da Coruña uns meses antes da súa morte. Á saída, o escritor ourensán diría: "entrei curioso e saín conmovido"
mércores, 22 de febreiro de 2023
mércores, 23 de febreiro de 2022
luns, 19 de abril de 2021
martes, 23 de febreiro de 2021
martes, 7 de xullo de 2020
sábado, 23 de febreiro de 2019
domingo, 23 de setembro de 2018
De Cantares galegos
Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o primeiro
e nas cidades sen par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío;
sempre con puxante brío
co tambor se acompasaba;
e se na gaita sopraba,
era tan doce soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
se o tiñan cerca, sorrían;
se o tiñan lonxe, choraban.
Mal pecado! Non coidaban
que c’aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Camiño da romería,
debaixo dunha figueira,
canta meniña solteira
“Quérote”, lle repetía…!
E el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o primeiro
e nas cidades sen par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío;
sempre con puxante brío
co tambor se acompasaba;
e se na gaita sopraba,
era tan doce soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
se o tiñan cerca, sorrían;
se o tiñan lonxe, choraban.
Mal pecado! Non coidaban
que c’aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Camiño da romería,
debaixo dunha figueira,
canta meniña solteira
“Quérote”, lle repetía…!
E el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
venres, 14 de xullo de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










