Amosando publicacións coa etiqueta Bouza-Brey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bouza-Brey. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xaneiro de 2023

CANCIONEIRO DAS RIBEIRAS DO TEA (1929) / Fermín Bouza Brey e Luís Brey Bouza



 AMOROSAS 


                             
O loureiro raíz de ouro
bota folliñas de prata...
Coller amores non custa
olvidalos si que mata.


Atrévete, queridiño,
atrévete, venme a ver.
As cartas son escusadas
para quen non sabe ler.


Fuches falar mal de min
a xunta dos meus amores,
fai de conta que botaches
auga por riba de flores.

mércores, 27 de abril de 2022

Fermín Bouza Brey: Lelías ao teu ouvido

Mori Ippō: Rosa silvestre e paxaro
O pumariño da noite quer fructificar estrelas,
O tanger desta cantiga é o sinal para acendelas...
-ai, meu amor!-
...é o sinal para acendelas.
Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,
no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar...
-ai, meu amor!-
...de herbiñas de namorar.
As nove ondas do ensoño espreitan co seu engado
pra enguedellar a toleira desta noite de noivado.
-ai, meu amor!-
...desta noite de noivado.
Así ao fontegal da espranza, antes de que saia o día
iremos enguedellados catar a flor da auga fría...
-ai, meu amor!-
... catar a flor da auga fría.
Ao alén! que no pumariño madurecen os luceiros,
nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros,
-ai, meu amor!

no labradío das ondas albea a flor do luar,
lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar...
-ai, meu amor!

se algún malfado nos fire, axotaremos o mal
a bicos, ouh caramiña de un virge caramiñal...
ai, meu amor!- ...
de un virge caramiñal.

luns, 24 de xaneiro de 2022

Bouza Brey: Sabugueiro


Sabugueiro da folla repenicada
polo maio estralando de brancas flores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo prós meus amores.
Que non fuxan os merlos que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teus verdores:
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo prós meus amores.
Cocereiche con cornos de vacaloura,
con fiúncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxe loura
pra facer un feitizo prós meus amores.
Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
túas flores segura menciña son,
que ti tamén floreces cando florece,
vermelliño de rosas, meu corazón.

venres, 6 de marzo de 2020

CANCIONEIRO DAS RIBEIRAS DO TEA / Fermín Bouza Brey e Luís Brey Bouza (1929)




 ANIMAIS E PLANTAS


O paxaro de María
anda nas miñas cereixas
come, paxariño, come
que hei de ver as que me deixas.


Este é o tempo do tróupele, tróupele,
este é o tempo de troupelear,
este é o tempo de mazal-o liño,
este é o tempo de o liño mazar. 

A música calada, a soedade sonora