Amosando publicacións coa etiqueta flora e fauna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta flora e fauna. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de xullo de 2023

De carballos e druidas

 Os antigos druidas adoraban as árbores. Druida significa "Un de carballo". Do nome celta "Daur". De aquí vén a palabra inglesa Porta (door). Pensaban que o carballo era a "porta" cara aos reinos espirituais porque súas raíces cruzan a terra e as súas ramas o ceo.

Carboeiro

luns, 10 de xullo de 2023

Semestre de libros

Hashime Murayama: Hipocampos  (1920)

 

Casa tomada y otros relatos, de Julio Cortázar.
Lixeiro, de Ismael Ramos.
Los funerales de la Mamá Grande, de Gabriel García Márquez.
Riccardino, de Andrea Camilleri.
Sargadelos, de José Filgueira Valverde.
Os fillos da fame, de Ismael Ramos.
Los besos en el pan, de Almudena Grandes.
A gruta da torre, de Lois Pérez.
Lorca. Un poeta en Nueva York, de Carles Esquembre.
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.
Canta la hierba, de Doris Lessing.
El manuscrito carmesí, de Antonio Gala.
Mira las luces, amor mío, de Annie Ernaux.
Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas.

mércores, 7 de xuño de 2023

Cirrios

Hoxe, 7 de xuño, celébrase o Día Mundial do Cirrio (apus apus). Son semellantes, aínda que algo máis pequenos que as andoriñas, voan máis alto ca elas e teñen a plumaxe totalmente escura. Pasan o máis do tempo voando, e voando realizan as súas funcións vitais: comen, copulan e mesmo dormen, pousando só cando entran no niño onde crían.

Adoitan chegar a fins de abril ou primeiros de maio despois de teren viaxado entre once e vinte mil kilómetros. Invernan na África subsahariana, principalmente nos territorios de Malí, Níxer, o Congo, Zambia ou Angola. E aquí entre nós só permanecen uns tres meses, cen días. 


martes, 9 de maio de 2023

Federico García Lorca


 


¿Y si la muerte es la muerte,
qué será de los poetas
y de las cosas dormidas
que ya nadie las recuerda?

martes, 14 de marzo de 2023

Jean Ranc: O futuro Carlos III de España aos 7 anos (1723)

 O que habería de ser Carlos III, rei de España, posa aquí, nun retrato infantil cheo de graza e frescura, examinando unhas flores á maneira dun herborista, coa man pousada sobre un volume das Bucólicas de Virxilio. 



A música calada, a soedade sonora