Amosando publicacións coa etiqueta Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coruña. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xuño de 2022


 Obra de Correa Corredoira é a Rosa Náutica ao pé da Torre de Hércules. É un círculo de case 25 metros de diámetro. Construída como un mosaico, está elaborada con granito, lousa e cerámica vitrificada. Xunto ás oito agullas que indican os puntos cardinais, contén os símbolos que identifican as nacións celtas: a vieira, Galiza; a caveira, Tarsis; o trevo, Irlanda; o cardo, Escocia; o trisquel, a illa de Man; o dragón, Gales; o cáliz, Cornualles e o armiño, Bretaña.

Aínda que non é celta, inclúese tamén Tarsis, a cidade mítica dos tartesos nas beiras do Guadalquivir, que estivo gobernada polo rei Xerión. De aí o símbolo da caveira.
Na parte superior levan o seu nome en gaélico.

xoves, 2 de febreiro de 2017

Candelaria

 As candeas benditas na Candelaria serven para acompañar con luz a agonía dos moribundos, e para que as mais poidan ver no limbo os fillos que morreron antes de seren bautizados.

A música calada, a soedade sonora