Amosando publicacións coa etiqueta Atenas Arqueolóxico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atenas Arqueolóxico. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2020

Zeus ou Poseidón


Atopado no mar do Cabo Artemisión, ao norte de Eubea, o deus estende o brazo esquerdo diante de si mentres sostén un raio ou un tridente na man dereita. Hai controversia sobre se se trata de Zeus ou Poseidón, e é unha das poucas estatuas conservadas do Estilo Severo, obra dun gran escultor do período Clásico inicial (arredor do 460 a.C.)

xoves, 2 de abril de 2020

Efebo de Antikitera (ca. 340 a.C.)


 A Kenneth Clark estrañáballe a frialdade deste bronce do s. IV atopado casualmente nun pecio abarrotado de estatuas de mármore e outros obxectos de interese arqueolóxico e só estre bronce. Víao atleta con aspiracións á perfección física, pero lonxe da auténtica beleza, carente de esplendor. Clark botaba en falta a presenza dun artista individual detrás desta obra, que non ten a enerxía dun creador. Por iso seguramente custa tanto atribuíla.

A música calada, a soedade sonora