Amosando publicacións coa etiqueta etimoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta etimoloxía. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xullo de 2024

Glosario

É a equivalente propiamente galega da forma inglesa hall. Procede do baixo latín ASTRACUM, e este do grego ástrakon ('pavimento')

domingo, 30 de xullo de 2023

De carballos e druidas

 Os antigos druidas adoraban as árbores. Druida significa "Un de carballo". Do nome celta "Daur". De aquí vén a palabra inglesa Porta (door). Pensaban que o carballo era a "porta" cara aos reinos espirituais porque súas raíces cruzan a terra e as súas ramas o ceo.

Carboeiro

sábado, 1 de abril de 2023

Aprilis

 Por que este nome para este mes?

Xa os romanos discutían a orixe da palabra. Para algúns derivaba do verbo APERIRE, 'abrir', xa que os campos abren neste mes, é dicir, florecen agora.

Outros opinaban que viña de apru, que equivalía ao grego Afrodite, que era a deusa do amor.

xoves, 10 de marzo de 2022

De Donegall a Viladonga


Na República de Irlanda hai un condado coñecido como Donegal, que é a versión anglicanizada de Dún na nGall, “o castro dos non gaeles, dos estranxeiros”.

No Ulster (Irlanda do Norte) hai un lugar tamén coñecido como Donegall, Dún na nGall, en gaélico.

Ao longo da historia puido haber outros lugares coñecidos polo mesmo nome, xa que se usaba en referencia a asentamentos humanos de orixe non gaélica: britanos, pictos, nórdicos...

A cidade máis importante do condado de Donegal coñécese en gaélico como BAILE DHÚN NA NGALL, “a vila do castro dos non gaeles, dos estranxeiros”.

Sábese que ao pasaren ás linguas romances, moitos termos latinos e non latinos perderon a consoante final. Exemplo: CLAVE > chave.

Así chegamos aos topónimos galegos Viladonga, Viladónega e Viladóniga, e mais aos apelidos Dónega e Dóniga.

Pensamos que eses topónimos son adaptacións de Baile Dhún na nGall, “a vila do castro dos non gaeles ou estranxeiros”, e que Dónega e Dóniga son adaptacións de Dún na nGall, perdido como topónimo pero conservado como apelido.

No mapa de Galiza podes ver lugares coñecidos como Viladonga, Viladónega ou Viladóniga.
Baile > Vila //// Donegal > Donga / Dónega / Dóniga (perda do -L final).

sábado, 19 de xuño de 2021

Cirrios

O cirrio (ou birrio) foi descrito e clasificado en 1758 por Linneo como hirundo apus, isto é, andoriña sen pés; logo, en 1777 Scopoli incluíuno no xénero Apus, que deriva do grego antigo apous 'ápodo, sen pés'. O castelán vencejo é unha corrupción da palabra oncejo 'fouce', en referencia á sillueta a ave ao voar. Dependendo da lingua, o nome alude a unha ou outra característica que se lle atribúe: en inglés é 'veloz', e en eslovaco 'o que foxe da chuvia'.

É unha ave migratoria, que se desenvolve ben nos medios urbanos e está en perigo de extinción polo importante descenso das súas poboacións, coma sucede coas andoriñas e os pardais. A súa vida é moi peculiar: están tan ben adaptadas a viviren no aire que poden pasar ata un ano sen se pousaren, mesmo bebendo, comendo e durmindo mentres voan dun xeito ininterrompido; para o descanso, desconectan a metade do cerebro, ascenden a altitudes de máis de 2000 metros para fuxiren dos depredadores, e reducen a frecuencia do aletexo, que pasa de 10 a 7 por segundo.

Os cirrios son monógamos, pero só durante a época de reprodución; ao emigraren a África co inverno macho e femia levan vidas separadas, pero cando retornan a Europa coa primavera xúntanse novamente na escuridade do niño. A nidificación, sempre nas alturas e en edificacións, pola considerable dificultade de ergueren o voo se caen ao chan, é o único tempo en que pousan; tamén son filopátricos, quer dicir, retornan sempre ao lugar onde naceron.

A música calada, a soedade sonora