Moi perto da III Cascata do Nilo, na Alta Nubia, localízase un fermoso e moi pequeno wadi chamado Sebu polos nativos. Nese val, outrora percorrido por un río que desembocaba no Nilo, existe unha das coleccións de petróglifos máis completa de todo Sudán.



