mércores, 7 de febreiro de 2024

A cara oculta da Lúa




Está claro que é a nosa Lúa, pero seguramente a verás diferente á que vemos cando miramos o ceo.

Iso é porque a da imaxe é a cara oculta do noso satélite, cunha composición e orografía bastante diferente das da cara visible.

A imaxe deste post é un mosaico formado por 15.000 fotografías individuais tiradas polo Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA, unha sonda que orbita a Lúa para nos proporcionar imaxes actualizadas e de alta cualidade da superficie lunar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora