Os mozos mariñeiros da fiada
lémbranse rindo alleos de coidados;
cheira a aceite e pemento requeimados
rustrido de xurés e caldeirada.
lémbranse rindo alleos de coidados;
cheira a aceite e pemento requeimados
rustrido de xurés e caldeirada.
Conta o patrón nun corro a treboada
do ano setenta, historias de afogados;
e empuxándose, inando, entran mollados
os homes dunha lancha de enviada.
Pasa de man en man a xerra roiba
de albariño, e namentras cae a choiva,
e o vento fai tremer a casa enteira,
detrás do mostrador clarexa o ceo
nas trenzas de ouro, no mirar sereno,
no sorriso de luz da taberneira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario