luns, 17 de xaneiro de 2022

Santo Antón Abade, coñecido en Galicia como Santo Antón Lacoeiro, foi un monxe cristián fundador do movemento eremítico. Del dise que descubriu a sabedoría observando os animais, e o amor divino através da natureza, e así se converteu no patrón dos animais domésticos -sobre todo dos que axudaban nas tarefas do home-, simbolizados no porco, do que se obtiña o sustento para toda a familia durante gran parte do ano, e no asno, incansable traballador no campo, ao que tamén se coloca a miúdo na iconografía do santo.

O día de Santo Antón aproveitábase en moitos lugares para proceder á benzón dos animais. En Lugo esta tradición perdeuse, quizais "[...] por los abusos cometidos por los "albéiteres" o curanderos de reses, los cuales se permitían leer ellos mismos las bendiciones con fórmulas casi siempre supersticiosas y muchas veces heredadas entre familiares, como podía heredarse una finca [...] " (El Progreso 17-1-1962) aínda que era típico o costume de que os labregos acudisen á capela da Soidade, onde se veneraba a imaxe e, ben por térselles salvado algún animal da morte, ou ben por devoción, lle trouxesen ao santo donativos en forma de lacón, cachucha ou dente ,que logo de seren bendicidos eran poxados pola Confraría de Santo Antonio de Padua e a Purísima Concepción

Antonio López García: O refrixerador novo (1991-94)

sábado, 8 de xaneiro de 2022

Retrato dunha familia de Boiro arredor de 1900



Curros Enríquez: Unha noite na eira do trigo

 CANTIGA

No xardín unha noite sentada
ao reflexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
E a coitada entre queixas dicía:
“Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.
Os seus ecos de melancolía
camiñaban na alas do vento,
e o lamento repetía:
“Vou morrer e non ven o meu ben!”

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleive negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o pobre, infeliz amador.
E ao mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
“Quen puidera dar volta -pensaba-,
quen puidera convosco voar!…”
Mais as aves e o buque fuxían
sen ouvir seus amargos lamentos;
soio os ventos repetían:
“Quen puidera convosco voar!”

Noites claras, de aromas e lúa,
desde entón que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!…
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou soio, de bágoas a proba,
unha cova nun outeiro
e un cadáver no fondo do mar.

luns, 3 de xaneiro de 2022

Divina e fermosa Lucía (Faenza ou Forlì, 1524 )

 A cabeza feminina que aparece nesta fonte de louza con esmalte de estano (mayólica) presenta riscos idealizados, cun peiteado moi apertado, a fronte alta e o pescozo longo e branco. Todo conduce aos ideais de beleza e moda do Renascimento italiano desde o século XIV ao 1600. A inscrición da fonte di "Divina e fermosa Lucía", seguramente un presente a unha muller así chamada.

domingo, 2 de xaneiro de 2022

Viaduto da Chanca


Terceira obra ferroviaria máis importante de España, construído entre 1871 e 1874, e inaugurado en 1880 para a liña Coruña-Palencia. Ten unha lonxitude de 298 m., con 29 de altura máxima e 20 arcos de medio punto peraltados con 9'5m de luz en sillares de granito e lousa.

sábado, 1 de xaneiro de 2022

Gloria Fuertes

 Año nuevo


A primeros de enero de un año cualquiera,
con amores y nombres ya seleccionados,
con los huesos maduros y a mitad de mi vida
me prometo solemne no sufrir demasiado.
Si me pegan, que peguen,
si me aciertan, me han dado,
y si pierdo en la Rifa
será porque he jugado.
Me fastidian las penas,
me da alegría el enfado,
con el ceño fruncido
parezco un feto raro.
Año nuevo, vida nueva
(¡Qué tópico más sano!)
Nueva luz ilumina
mi ascensor apagado
de subir a deshora,
de estar comunicando,
de hacer la angustia en verso,
de hacer el tonto en vano,
de sembrar mis insomnios
de tachuelas y clavos.
A mitad de mi vida
de par en par sonrisa y puerta abro,
—que no quiero acabar por los pasillos
con el corazón apolillado–.
PROMETO no volver
a ahogaros en mi llanto,
no volver a sufrir
sin un motivo
muy justificado.

mércores, 29 de decembro de 2021

Botticelli: Madonna do libro

 O azul era case inexistente na arte arcaica occidental, ata o punto de os gregos non teren unha palabra para identificalo e o mar da Odisea é de cor de viño. 
No antigo Exipto lograron un pigmento chamado axul exipcio a base dunha xema rara chamada azurita, pero, aínda que se usou durante miles de anos, a fórmula e o método de elaboración acabaron caendo no olvido. 
Outros pigmentos de azul conseguíanse moendo turquesas e lapislázuli, pedra semipreciosa que até os inicios do século XVIII seguía a ser a base do azul máis estable, brillante, puro e intenso dos moi escasos dispoñibles en Europa: o azul ultramariño, que recibía este nome por proceder de alén mar, dunha mina situada no actual Afganistán, e tras percorrer uns 5.600 kiómetros de áreas montañosas e desertos, e atravesar o Mediterráneo, chegaba a Venecia, capital mundial das cores naquela altura, onde era vendido, literalmente, a prezo de ouro: unha onza dese pigmento custaba, precisamente, unha onza de ouro.

martes, 28 de decembro de 2021

Ismael Ramos: "O futuro" (de Lixeiro)

Preguntades constantemente que faremos despois. Pero nós non sabemos responder con palabras. Non sabemos.

É coma cando todas as árbores dun bosque se inclinan ao mesmo tempo para indicar a dirección do vento. O seu boureo. A desorde.
Poderiamos chamarlle futuro á diferenza entre o que intentamos ser e o que somos, entre o que cremos ser e o que verdadeiramente somos.
Unha fórmula próxima á da decepción.
Pero nós eliximos a imaxe chorosa dunha virxe.
Escollemos unha estampa para poder rompela ou deixala esquecida dentro dun libro durante anos.
Alí, lonxe da vista. Onde non vos moleste nunca máis a nosa feliz indecisión.

luns, 27 de decembro de 2021

Santa Fabiola, padroeira dos divorciados

Hoxe disque é o día de Santa Fabiola, padroeira dos divorciados e pertencente a unha familia de patricios de Roma, unha das 35 con dereito a voto, coma a dos Emilios, os Claudios, Cornelios ou Valerios.
Casada moi nova, contan que por violencia e malos tratos pediría o divorcio e lle foi concedido.
No cadro Fabiola con velo vermello de Jean-Jacques Henner,
aparece a santa vestida cunha ‘stola’ de cor vermella, que era a túnica que a muller romana empezaba a vestir despois das nupcias; sen embargo, este cadro está desaparecido desde principios do século XX.
O dato curioso e sobre o que se leva escrito moito é por que esa imaxe gustou a cantidade de artista anónimos ou case anónimos para reproducila, despois de que o artista belga Francis Alÿs conseguira reunir en mercados de pulgas, anticuarios... de máis de vinte países, uns trescentos retratos feitos a man sobre esta figura de Fabiola. Intentos de crear arte e non unha mera copia ou reprodución da obra orixinal, segundo o propio Francis Alÿs.
En todos os casos o mesmo perfil, sempre cuberto con velo vermello en diferentes tonalidades, con algunha excepción en verde, e sobre fondo escuro.

Festividade de S. Xoán evanxelista con Hans Memling

domingo, 26 de decembro de 2021

Hans Emmenegger: Bouquet de acianos (1912)

Un bar de Berlín?

A localización e orixe son descoñecidas. Talvez o Berlín do tempo de Christopher Isherwood? Un home novo, coa pirola grande e sen circuncidar, baixou os calzóns e é recompensado con media coroa por un peón. Location and origin not known. Maybe Berlin in the Christopher Isherwood period? A young man, big cock, uncut, has pulled down his shorts and is rewarded with half a crown by a navvy. Noutras partes do bar hai papás cariñosos, un acariña un home nu, o outro bica una rapariga.

xoves, 23 de decembro de 2021

De Julio Cortázar



compraré bombones pero no para ti, me pararé en la esquina a la que no vendrás y diré las cosas que sé decir y comeré las cosas que sé comer y soñaré los sueños que se sueñan. Y se muy bien que no estarás

luns, 13 de decembro de 2021

Algernon C. Swinburne

Oscar Wilde renegaba del. Era demasiado raro mesmo para os queers da súa época... Algernon Charles Swinburne (1837-1909) foi un poeta, dramaturgo, novelista e crítico inglés que prescindiu de calquera tabú na súa obra.
Foi abertamente gay nunha época na que iso era un crime, e foi amoestado por iso precisamente por aqueles cos que deberían simpatizar.

Swinburne non se esforzaba por ser respectable. Apesar da súa pouca saúde e estatura, era intrépido e afouto, mesmo imprudente. Swinburne probablemente fose autista e sufriu convulsións durante toda a vida; debido á súa loita contra o alcoholismo, así como por problemas de saúde e discapacidade, non puido vivir só durante ningún período prolongado da súa vida. Na comunidade queer, tanto daquela como na actualidade, a discapacidade é vista como un obstáculo adicional e non como unha identidade innata. A poesía de Swinburne estaba moi inspirada na súa propia sexualidade; non só a súa atracción por outros homes, senón no seu sadomasoquismo. Sendo alcohólico desde os seus 20 anos, aos 42 anos, foi recollido polo seu amigo Theodore Watts-Dunton, que coidou del durante o resto da súa vida. Ao atopar o seu punto de apoio perdeu a rebeldía xuvenil e converteuse nunha figura de respetable socialmente. Díxose de Watts-Dunton que salvou ao home e matou ao poeta. Algernon Swinburne morreu aos 72 anos sendo un home aprezado e cos seus intereses e identidade sexual intactos.

A música calada, a soedade sonora