luns, 29 de agosto de 2022

40 anos sen ela


Foi considerada a cuarta estrela feminina máis rutilante da historia do cine, unicamente detrás de Katharine Hepburn, Bette Davis e Audrey Hepburn.
Tres directores marcaron a súa vida: Gustaf Molander, que a descubriu e dirixiu en sete películas ata ser proclamada a mellor promesa do cine sueco en 1935; Rossellini, que a dirixiu en seis películas e foi marido dela após un maiúsculo escándalo en Hollywood; e Alfred Hitchcock, que a dirixiu en tres ocasiones sendo xa unha actriz consolidada.
Considerada tamén a segunda actriz con máis premios Oscar da historia do cine con 3 premios: 2 como Mellor Actriz e 1 como Mellor Actriz de Reparto; foi a quinta actriz con maior número de candidaturas ao Oscar: 7 nominacións.
Un día coma este, 29 de agosto de 1915, nacía Ingrid Bergman, que falecía casualmente tamén un 29 de agosto, pero de 1982.

Museo Isabella Gardner (Boston)


 Desde a madrugada do 18 de marzo de 1990, en que dous homes vestidos de policías entraron a roubar, os marcos colgan vacíos á espera dos lenzos desaparecidos. O botín, valorado en máis de 500 millóns de dólares, contiña obras de Manet, varios Rembrandt (entre eles a única mariña que se lle coñece) e un Vermeer.

domingo, 28 de agosto de 2022

Diarios de Patricia Highsmith


Hay monjes —¿los cartujos?— que duermen en su ataúd, por lo visto como preparación para la muerte, pensando en ella con frecuencia noche y día. ¡Yo prefiero el elemento sorpresa! Uno sigue con su vida como siempre, entonces la muerte llega quizá de súbito, quizá por medio de una enfermedad de dos semanas. En este sentido, la muerte es más como la vida, impredecible.

Diarios y cuadernos 1941-1995′. Patricia Highsmith. Anagrama, 2022.

sábado, 27 de agosto de 2022

Testamento, de Ana Luísa Amaral

 Vou partir de avião

E o medo das alturas misturado comigo
Faz-me tomar calmantes
E ter sonhos confusos

Se eu morrer
Quero que a minha filha não se esqueça de mim
Que alguém lhe cante mesmo com voz desafinada
E que lhe ofereçam fantasia
Mais que um horário certo
Ou uma cama bem feita

Dêem-lhe amor e ver
Dentro das coisas
Sonhar com sóis azuis e céus brilhantes
Em vez de lhe ensinarem contas de somar
E a descascar batatas

Preparem minha filha para a vida
Se eu morrer de avião
E ficar despegada do meu corpo
E for átomo livre lá no céu

Que se lembre de mim
A minha filha
E mais tarde que diga à sua filha
Que eu voei lá no céu
E fui contentamento deslumbrado
Ao ver na sua casa as contas de somar erradas
E as batatas no saco esquecidas
E íntegras.

Torso bretón

venres, 26 de agosto de 2022

A Cervela

Convento de Santa Clara

Nas escavacións no Convento de Santa Clara de Pontevedra están a localizarse numerosos enterramentos en diferentes lugares: na horta, no claustro, na igrexa, na entrada baixo o cemento, no refectorio vello, no coro baixo... Polo de agora están escavadas unhas 40 tumbas, mais calcúlase que os enterramentos foron masivos polo que a decisión será non abrir todos, senón localizalos por xeorradar e só abrir os que se consideren máis representativos.

Detectáronse diferentes técnicas mortuorias segundo a época: nuns casos en caixas de madeira e noutros simplemente nun sudario. Tamén está documentado o enterramento de xente allea ao convento, que fixo algunha cesión no seu testamento ou colaborou coas monxas.
A información sobre os corpos, a maneira en que están dispostos e a súa localización permitirá achegarse ao modo de vida do convento. Trala próxima análise forense dos ósos poderase ademais coñecer en detalle cuestións como, por exemplo, o tipo de alimentación que seguían as mulleres recluídas neste recinto.

"Galiza foi un reino poderoso recoñecido en toda a Europa"

Ás autoridades educativas non lles interesou explicar que a Galiza foi unha vez un reino que ía desde Coimbra até León, e que tiña en Lugo e Braga as súas principais cidades. No seu lugar, fálasenos dos reinos de Asturias e de León. Ben, pois o sorprendente é que nin Asturias nin León se mencionan como reinos en ningunha crónica altomedieval. 

O nome con que se coñecía a ese reino do noroeste non era outro que Gallicia ou Gallaecia. E ademais é o normal, porque o territorio xa levaba séculos chamándose así, desde a época romana. O problema é que todo isto desmonta o mito da España eterna. Non se quere asumir que o Reino de España é unha creación do século XIX. Aínda así teño que dicir son optimista. Cada ano hai máis publicacións, investigacións e descubertas sobre o reino. E é que cando algo é tan evidente é imposíbel que non saia á luz. [...]

Se tivese que escoller un [rei da Galiza] sen dúbida sería Teodomiro. É verdade que non sabemos tanto del pero demostrou ser rei dunha Galiza unida. Teodomiro era un rei de orixe sueva, si, pero era ante todo un rei nado na Galiza e sen dúbida falaba unha lingua romance que pouco a pouco se estaba a converter no galego.

Ademais, demostrou visión de Estado. Organizou internamente o reino e convocou o primeiro concilio do reino, que di moito sobre el. Despois, a nivel internacional, foi consciente da ameaza que supuñan os visigodos e trazou alianzas cos bizantinos e cos francos. Tamén soubo promover a Martiño de Dume, que era todo un erudito, e confioulle a educación do seu fillo. Para min representa o esplendor da monarquía sueva. [...]

Os visigodos de Hispania declararon a guerra á Gallaecia no ano 585 e sabemos que Leovixildo, que era entón o rei visigodo, destronou o noso rei Andeca. Parece que os visigodos se fixeron co control da Gallaecia, pero o que pasou despois xa non está tan claro. Desde logo, a monarquía visigoda tardou en controlar o territorio. Do que non hai dúbida é de que os reis visigodos eran totalmente conscientes de que a Gallaecia era un país distinto do seu. Só hai que ler as leis visigodas e como estas se facían para ser aplicadas en Hispania, no sur da Galia e na Gallaecia. Fáltanos información pero está claro que a influencia visigoda aquí foi moi limitada. Galiza xa tiña unha personalidade propia moi marcada. O mito daquela España visigoda unificada xa non se sostén a día de hoxe.

Entrevista co profesor Alexandre Peres Vigo en Nós Diario, aquí

mércores, 24 de agosto de 2022

Giovanni Battista Tiepolo: Martirio de San Bartolomeu (1722)


São Bartolomeu ou São Bartolomeu Apóstolo, também chamado de Natanael (em grego antigo: Βαρθολομαῖος, em hebraico: ברתולומאוס הקדוש‎) foi um dos doze apóstolos de Jesus Cristo, segundo o Novo Testamento e, mais especificamente, os quatro Evangelhos. [...]

No seu primeiro encontro com Jesus, recebe um elogio: "Aqui está um verdadeiro Israelita, em quem não há fingimento" (Jo 1, 47), ao qual o apóstolo responde: "Como me conheces?". Jesus responde de forma que não podemos compreender claramente somente através das Escrituras: "Antes que Filipe te chamasse, eu te vi quando estavas sob a figueira". Com certeza se tratava de um momento crítico e decisivo na vida de Natanael. Após essa revelação de Jesus, Natanael faz a sua adesão ao Mestre com a seguinte profissão de fé: "Rabi, tu és o filho de Deus, tu és o Rei de Israel".

Segundo fontes históricas, São Bartolomeu teria pregado o cristianismo até na Índia. Outra tradição diz que o apóstolo morreu por esfolamento em Albanópolis, atual Derbent, na província russa de Daguestão junto ao Cáucaso, a mando do governador, tanto que na Capela Sistina ele é pintado segurando a própria pele na mão esquerda e na outra o instrumento de seu suplício, um alfange. Segundo a Igreja Católica, mais tarde suas relíquias foram levadas para a Europa e jazem em Roma, na Igreja a ele dedicada. [...]

Da Wikipédia

Antonio López pinta no Corte Inglés de Callao

Retratos dun home e unha muller, posiblemente un matrimonio, por Herman Verelst (1667)

domingo, 14 de agosto de 2022

Gil de Biedma: Compañeros de viaje (fragmento)

 

Andreas Fux: Arthur & Sergej (Moskau,1992)
Pero callad.

Quiero deciros algo.
Sólo quiero deciros que estamos todos juntos.
A veces, al hablar, alguno olvida
su brazo sobre el mío,
y yo aunque esté callado doy las gracias,
porque hay paz en los cuerpos y en nosotros.
Quiero deciros cómo todos trajimos 
nuestras vidas aquí, para contarlas.
Largamente, los unos con los otros
en el rincón hablamos, tantos meses!
que nos sabemos bien, y en el recuerdo
el júbilo es igual a la tristeza.
Para nosotros el dolor es tierno.

Ay el tiempo! Ya todo se comprende.

A música calada, a soedade sonora