venres, 26 de agosto de 2022

Convento de Santa Clara

Nas escavacións no Convento de Santa Clara de Pontevedra están a localizarse numerosos enterramentos en diferentes lugares: na horta, no claustro, na igrexa, na entrada baixo o cemento, no refectorio vello, no coro baixo... Polo de agora están escavadas unhas 40 tumbas, mais calcúlase que os enterramentos foron masivos polo que a decisión será non abrir todos, senón localizalos por xeorradar e só abrir os que se consideren máis representativos.

Detectáronse diferentes técnicas mortuorias segundo a época: nuns casos en caixas de madeira e noutros simplemente nun sudario. Tamén está documentado o enterramento de xente allea ao convento, que fixo algunha cesión no seu testamento ou colaborou coas monxas.
A información sobre os corpos, a maneira en que están dispostos e a súa localización permitirá achegarse ao modo de vida do convento. Trala próxima análise forense dos ósos poderase ademais coñecer en detalle cuestións como, por exemplo, o tipo de alimentación que seguían as mulleres recluídas neste recinto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora