sábado, 3 de xuño de 2023

Sargadelos: Paisaxe imaxinaria con carro




 A estrutura da composicion é un pouco diferente das anteriores, xa que agora o río non aparece no centro da composición, senón que se desprazou cara á dereita, podendo tratarse dun lago polo que navegan pequenas embarcacións a vela; existen sen embargo elementos comúns que se repiten continuamente, como a grande árbore da esquerda. 

Trátase dunha paisaxe rochosa que parece centroeuropea; en primeiro plano aparece un carro con dous homes tirado por unha parella de bois e ao lado unha parella constituída por un home e unha muller; en segundo plano encontrámonos cun palacio medieval cos seus tellados aguzados e as súas torres, e como pano de fondo unhas montañas rochosas.


María Quiroga Figueroa: A louza de Sargadelos (Colección do Museo Provincial de Lugo), p.104

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora