sábado, 3 de decembro de 2022

Bronzino: Retrato dun home que mira á esquerda

Este retrato de Bronzino de arrredor de 1527, expoliado polos nazis e recientemente devolto a seus propietarios orixinais, sairá á poxa finalmente en Sotheby’s en xaneiro. Espérase que se venda por entre 3 e 5 millóns de dólares. O Goberno alemán restituíu a principios deste ano o cadro aos herdeiros da coleccionista de arte xudía radicada en Munich Isle Hesselberger; unha vez vendido, o obtido destinarase á causa e ao socorro médico dos xudeus de Nova York.

Baixo o rexime dos nazis, Hesselberger, herdeira dunha fortuna con orixe na industria téxtil, foi obrigada a vender o seu patrimonio coa súa colección de arte que incluía a pintura de Bronzino comprada en 1927. Como parte da venda, Hesselberger formou parte dun grupo de xudeus forzados a axudar a pagar a construción dun campo de concentración instalado en Milbertshofen.

Segundos os historiadores, Hesselberger negociou un plan de reasentamento que pensaba que lle ía salvar a vida a cambio dos pagamentos. Así, en novembro de 1941 foi deportada á Lituania ocupada polos alemáns e asasinada. A filla dela sobreviviu á persecución e conseguiu chegar aos Estados Unidos.

O cadro estaba destinado ao proxectado museo de Hitler en Linz (Austria); posteriormente, unha vez recuperado polas forzas americanas, foi entregado ao goberno alemán, que só agora o devolveu aos seus lexítimos propietarios. Na parte de atrás do marco da pintura figura o número 1400, que se supón sería o adxudicado no inventario do futuro museo de Linz.

Titulado Retrato dun home que mira á esquerda cunha pluma e unha folla de papel, a obra mostra un home novo vestido de negro sentado a unha mesa de traballo. Co índice da esquerda sinala unha adiviña latina; coa esquerda, sostén unha pena de escribir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora