xoves, 13 de agosto de 2020

Ruth Matilda Anderson: Teresa e Serafina da Casa do Cuco


Ruth Matilda tirou esta foto o 9 de novembro de 1924. No Ézaro, na Casa do Cuco, que era na altura taberna. Á esquerda, Teresa Castro Rodríguez, que tiña daquela 2 anos e 9 meses. Á dereita, a súa irmá Serafina, catro anos máis vella.
Serafina morreu en xullo de 2008 e Teresa o 20 de setembro de 2016. Enterrouse no Pindo, desde onde Ruth Matilda Anderson chegara co seu pai na barca. Xa daquela dicía a estadounidense que cumpría unha ponte: houbo que esperar algo máis de 30 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora