domingo, 16 de agosto de 2020

Federico García Lorca: Seis poemas galegos

Imos silandeiros orela do vado
pra ver o adolescente afogado.
Imos silandeiros beiriña do ar,
antes que ese río o leve pró mar.

Súa alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e de herbas.
Auga despenada baixaba da lúa
cubrindo de lirios a montana núa
.

O vento deixaba camelias de sombra
na lumieira murcha da súa triste boca.
Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adolescente afogado!

Vinde xente escura do cume e do val
antes que ese río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
onde van e vén vellos bois de auga.

Ai, como cantaban as arbres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
Mozos, imos, vinde, axiña, chegar
porque xa ese río mo leva pra o mar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora