sábado, 21 de abril de 2018

Mineiros sudafricanos

 Esta serie de fotos que foi tirada por Robert Harris (ca. 1883-1888) e agora pertence á colección da Universidade de Yale documenta o que se chamou "Sistema Kimberley de Rexistro" para localizar diamantes agachados no corpo dos traballadores dos mineiros unha despois de saíren da mina. O traballador está completamente espido.

Ten os brazos erguidos para mostrar que non esconde nada nas axilas. Nótese que o buscador, tamién negro, tamén está espido agás unha camisa atada á cintura. Examinábanse a boca, o ano, o prepucio, todas as enrugas e pregues, coa axuda dunha vela que revelase o brillo dos diamantes. O método, caro e ineficaz, foi substituído a principios do século XX polos raios X, e na actualidade aínda se seguen a practicar estes rexistros con axuda de escáneres corporais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora