venres, 15 de marzo de 2024

O escuro da Galiza



Escribe Heitor Picallo:"Como acontece con outros símbolos, a heráldica é tamén unha ciencia en evolución, de aí que os símbolos que hoxe representan a unha determinada nación outrora tivesen un outro aspecto.

Galiza tampouco se salvou deste feito. Houbo un tempo que as sete cruces coas que hoxe coñecemos o noso escudo nacional e representan ás sete provincias galegas eran trevos e non sete, senón moitos máis.
Nun principio as cruces non existiron, e cando estas se fan visíbeis será nun campo sementado delas.
Entrementres, houbo numerosas versións, algunhas delas tan fermosas como as existentes en tres armoriais diferentes.
No Armorial escrito por Jean Faucquet cara os últimos anos de século XV, arredor de 1497, identifícanse con claridade as armas de “Le Roy de Galice” coa descrición do mesmo: “O Rei de Galiza leva goles, sementado de trevos de ouro con rabo, un cáliz do mesmo metal".
Cómpre indicar que esta é das poucas ocasións nas que podemos ver o escudo de armas do reino galego en campo de goles, isto é, con fondo vermello. "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora