xoves, 29 de febreiro de 2024

O Pergamiño Vindel

 En febreiro de 1914, na revista Arte español. Revista de la Sociedada de Amigos del Arte, e baixo pseudónimo, o libreiro Pedro Vindel dá a coñecer a descuberta dun manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, encontrado servindo de forro a un exemplar de De officiis de Cicerón.

O pergamiño ten sete cantigas de amigo e a música de seis delas:
“Todo el pergamino parece de la misma mano, y se halla escrito con tinta negra el texto, y los pentagramas con tinta roja. Las iniciales son de dos tamaños: una grande al principio de cada pieza musical, y algo más chicas las de cada estrofa, hechas en colores azul y rojo. La sexta canción sólo tiene los pentagramas, no habiéndole puesto la música, acaso porque se cantaría con los mismos tonos o aires que alguna de las otras que contiene este pergamino...”
O diplomático e musicólogo Rafael Mitjana compraría este pergamiño coa intención de estudar a súa música. Despois da súa morte sería adquirido polo bibliófilo Otto Hass e logo posto á venda en Londres, onde foi adquirido por The Morgan Library de Nova York e onde está desde 1977.
En 2017, 40 anos despois de ser adquirida, e por primeira vez na historia, o pergamiño sería exposto ao público. Foi en Galiza e no Museo do Mar en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora