domingo, 20 de agosto de 2023

Rachel Ruysch: Peonía

 En Holanda, durante a chamada Idade de Ouro (século XVII), abandonouse a gran pintura histórica, mitolóxica ou relixiosa e popularizáronse os retratos, as naturezas mortas, as paisaxes e as escenas da vida cotiá. Xéneros "menores" como o bodegón adquiriron unha relevancia que os ascendeu a unha nova categoría. Nun mercado aberto e competitivo, os artistas comezan a especializarse: Rachel Ruysch, por exemplo, convértese nunha das máis grandes pintoras de flores da súa época. A súa traxectoria desenvólvese entre finais daquela época dourada (o Barroco) e as primeiras décadas do século XVIII (o Rococó), gozando dunha longa traxectoria e da admiración de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora