domingo, 25 de xuño de 2023

Paisaxe imaxinaria con edificios clásicos




 Nesta paisaxe a mestura de estilos arquitectónicos tan característica das louzas estampadas románticas queda perfectamente reflectida porque aparecen tanto edificacións clásicas como templos e un templete, sobre as rochas, ata un palacio medieval ó fondo á dereita. En primeiro plano está a grande árbore romántica, ademais dunha gran variedade de vexetación entre rubideiras, arbustos e coníferas.

Presenta grandes paralelismos coa serie "Genoa" de William Adams & Dond, de Stafforshire.

María Quiroga Figueroa: A louza de Sargadelos (Colección do Museo Provincial de Lugo), p.104

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora