mércores, 7 de xuño de 2023

Cirrios

Hoxe, 7 de xuño, celébrase o Día Mundial do Cirrio (apus apus). Son semellantes, aínda que algo máis pequenos que as andoriñas, voan máis alto ca elas e teñen a plumaxe totalmente escura. Pasan o máis do tempo voando, e voando realizan as súas funcións vitais: comen, copulan e mesmo dormen, pousando só cando entran no niño onde crían.

Adoitan chegar a fins de abril ou primeiros de maio despois de teren viaxado entre once e vinte mil kilómetros. Invernan na África subsahariana, principalmente nos territorios de Malí, Níxer, o Congo, Zambia ou Angola. E aquí entre nós só permanecen uns tres meses, cen días. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora