O torques atopado nas Mariñas Betanceiras está dunha peza e apenas presenta algunhas mazaduras. Está decorado con espiraiss, trenzados e dúas puntas con forma de cebola. O seu achado foi similar ao do extraordinario torques de Burela, que tamén foi descuberto de forma casual por un veciño nunha leira. Con todo, as diferenzas evidencíanse no peso: con 394 gramos o torques de Betanzos e 1.812 o de Burela.
Tamén por casualidade, atopouse en 1945 o Torques de Burela, o máis grande de Galicia, que pesa 1812 gramos. Foi un agricultor que traballaba en Chao de Castro o que deu con el, aínda que nun primeiro momento identificouno como a asa dun caldeiro. Hai moitas interpretacións arredor destas pezas, dende que eran levadas polas persoas pertencentes a unha tribo ou que poseían poderes políticos, militares, relixiosos ou un status social elevado. Tamén hai historiadores que apuntan que podían valer para facer intercambios, xa que algúns torques teñen un peso similar ás moedas.
O arqueólogo Alfredo González Ruibal, máis coñecido polo seu usuario de Twitter ‘Guerra en la Universidad’, explica que pertence á Idade do Ferro e que Galicia é “unha rexión coa maior concentración de orfebrería prehistórica da Península Ibérica”.
Protección
Este luns, a familia púxose en contacto coa delegación territorial da Xunta na Coruña, onde presentaron a peza ante o persoal de Patrimonio Cultural. Á vista da súa importancia, a directora xeral dese departamento autonómico, María del Carmen Martínez Insua, trasladouse ata a cidade herculina. Durante esa reunión acordouse trasladar o torques ata o Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón para que quede baixo custodia na súa caixa de seguridade, máis forte que as do edificio administrativo. Unha vez analizado decidirase se debe ser exposto ao público e se é conveniente buscar máis pezas na zona onde se localizou.
A decisión da familia de presentar a peza á Xunta é acorde coa lexislación autonómica en materia de patrimonio. Así, o artigo 99 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia recolle que “os achados arqueolóxicos casuais, producidos por azar, como consecuencia de remociones de terras, demolicións ou obras de calquera tipo”. Con todo, a mesma lei destaca tamén que a Xunta pagará o 50% do seu valor. Toda a noticia en La Voz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario