sábado, 10 de decembro de 2022

Sargadelos: Dúas aves (China opaca feldespática)

O outro modelo de inspiración chinesca é o denominado "Dos aves". Trátase dun conxunto de rosas e cardos con dúas aves exóticas, que poderían ser aves do paraíso ou faisáns; de calquera maneira pódense establecer paralelismos entre elas e os tema "Asiatic pheasants" da firma Podmore, Walker & Company, realizado ademais noutras factorías inglesas como Weedgwood, Doulton, Lambeth ou Harvey Adams & Company. Tamén se poden buscar paralelismos cun tema mitolóxico de Ho-ho da porcelana azul e branca xaponesa; neste caso a decoración distribúese simetricamente por toda a superficie das pezas, alternando grupos de flores soas con grupos de flores e aves.

Como decoración complementaria, nalgunhas empregouse un fino reberete de campaíñas, e noutras repasouse o relevo a pincel.

Esta serie estampouse en azul cobalto e en azul violáceo, nítida ou esvaída; sempre sobre louza de tipo china opaca, utilizada, sobre todo, en pezas de toucador, xogos de café e té.

Por último, encontramos concomitancias entre este modelo e o deseño chamado "rosas de pitiminí" da fábrica La Amistad, de Cartagena.

As pezas que presentan estes tipos de decoración levaban a marca estampada en filacteria ovalada coa inscrición "china opaca-Sargadelos", que vai estampada na mesma cor do deseño da peza e tamén "semi china" en semicírculo, en cor negra.

María Quiroga Figueroa: A louza de Sargadelos (Colección do Museo Provincial de Lugo), p.96

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora