martes, 20 de decembro de 2022

Ismael Ramos: Poema de "lixeiro"

 Tres vacas

Mentres les, concéntrome no tacto da túa chaqueta.
E penso no pelo mollado das vacas cando chove, se ninguén as recolle.
Unha paciencia triste. Mesta.
As vacas, que non dubidan que as virán recadar. Os seus ollos tranquilos.
Debuxo a túa postura, tan parecida á dos paxaros cando secan as ás molladas.
Ese movemento pequeno que avanza e dubida cada vez que os teus ombros se adiantan ao teu corpo.
Cada vez que descubro o que protexes e
te atravesa.
Tremes.
Estamos sós e quietos. Escribo sobre ti.
Fóra as vacas confían no amor.

A single man

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora