xoves, 27 de outubro de 2022

A espada de D. Dinis

 Desenterrada a espada de Dom Dinís, rei e trobador medieval da lírica galega. Desaparecida hai case sete séculos e descuberta en 2020 na intervención de conservación e restauración do túmulo do rei, a espada de Dom Dinís onte abandonou o mosteiro de Odivelas, Portugal, para ser estudada. "Feita de ferro, punho de prata e aplicação de esmalte, é uma das raras espadas régias encontradas "in situ" na Europa", asinala a Direção-Geral de Património Cultural de Portugal.

Dom Dinís, rei e trobador da lírica galego-portuguesa naceu en 1261, foi coroado en 1270 e faleceu en 1325.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora