mércores, 21 de setembro de 2022

Kao Malo Vode Na Dlanu

 Expresión dos Balcáns empregada para dicir 'Quéroche'; a tradución é 'Sostéñote como quen sostén un pouco de auga nas mans'. Mireia Sallarès explica que é toda unha metáfora do acto de amar: Con pouca auga non fas nada, e con moita tampouco porque escorrerá entre as mans; se pechas de máis a man ou se a abres a auga caerá fóra, pero en calquera caso o certo é que sempre te mollarás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora