domingo, 31 de xullo de 2022

Botticelli: Retrato de Michele Marullo Tarcaniota (ca. 1490)

Michele Marullo naceu en Constantinopla en 1493; a lenda di que súa mai, Eufrosine Tarcaniota, se puxo de parto durante o asedio dos turcos á capital bizantina, e que en canto naceu o neno, a familia toda fuxiu á República de Ragusa (actual Dubrovnik). 
Tras pasar por Ancona, e xa na península Itálica, Michele Marullo converteuse nun soldado de fortuna e tamén nun valorado poeta, relacionándose posteriormente en Nápoles cos círculos humanistas e literarios de Giovanni Pontano, Pico della Mirandola ou Jacopo Sannazaro. Non só nunca renegou das súas orixes grecobizantinas, senón que nos seus Epigrammata se cualificou de constantinopolitano, reclmando ao igual que a súa familia o parentesco coa estirpe dos Paleólogo e o propio imperador Traxano.
Desde 1489 residiu con frecuencia en Florencia, onde contraeu matrimonio con Alessandra Scala. Morreu afogado no río Cecina o 12 de abril de 1500, domingo de Ramos.
Este cadro pertence hoxe á colección Guardáns Cambó e foi pintado despois de 1489; a tradición afirma que é un retrato póstumo encargado pola viúva. Só se conserva unha decena de retratos pintados con seguridade por Botticelli, e son principalmente da súa primeira época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora