xoves, 5 de maio de 2022

Vitoria de Alexandre sobre os persas

Unha vez Alexandre Magno conseguira unha sinalada vitoria coa morte de máis de cento e dez mil homes e sen dar acabado con Darío, que se lle adiantara na fuxida catro ou cinco estadios, tras coller o carro e o arco, voltou e achou os macedonios cargados de inmensas riquezas, o botín que levaban do campo dos bárbaros, apesar de se teren estes alixeirado para a batalla deixando en Damasco a maior parte da bagaxe. Reservaran para o mesmo Alexandre o pavillón de Darío, cheo de multitude de servos, de ricos aveños e de abundante outro e prata.

Espíndose da armadura, pois, dirixiuse inmediatamente ao baño, dicindo: "Lavemos a suor da batalla no baño de Darío", ao que un dos seus amigos repuxo: "Non tal de Darío, senón de Alexandre, porque as cousas do vencido son e deben chamarse do vencedor".
Cando Alexandre viu as caixas, os xarros, as palanganas e os alabastros, todo garnido de ouro e traballado con primor, percebeu ao mesmo tempo o arrecendo fragrante que da mirra e os arumes que despedía a casa, e, tras pasar dela á tenda, que pola súa altura e capacidade e pola súa decoración con alfombras, mesas e aparadores era con certeza digna de admiración, volveuse aos seus amigos: "Nisto consistía -díxolles-, segundo o que parece, reinar".
Plutarco: Vida de Alexandre (s.I d.C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora