luns, 30 de maio de 2022

Giovanna Garzoni: Naturezas mortas

 

Giovanna Garzoni (1600-1670), pioneira da súa época, foi admirada polas súas meticulosas naturezas mortas, cientificamente precisas e requintadas, preferiblemente realizadas con témpera sobre vitela, que lle supuxeron encargos de mecenas como a familia Medici.

Garzoni naceu nas Marcas e trasladouse a Venecia para formarse con Palma o Mozo, e posteriormente con Tiberio Tinelli. Após un breve e infeliz matrimonio con Tinelli, que foi anulado, Garzoni dedicou a súa vida á arte. Ao se negar a aceptar o camiño esperado para unha muller no seu tempo, e libre de marido e fillos para perseguir as súas ambicións artísticas, o talento levou a Garzoni ás cortes de Nápoles e Turín e chamou a atención de mecenas doutras cidades europeas como París.

No momento da súa chegada a Florencia na década de 1640 xa era unha pintora madura e segura, cunha técnica refinada e un estilo moi individual. Durante os 25 anos de traballo para os Medici, produciu unha gran variedade de representacións exquisitas da froita, flora e fauna locais da campiña toscana, xunto con retratos.

Garzoni pasou os seus últimos anos en Roma, legando toda os seus bens á Accademia di San Luca, o gremio de artistas da cidade, coa estipulación de que a tumba dela debía estar situada na súa igrexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora