martes, 10 de maio de 2022

Bergamota

 

Cítrico de Calabria, produto da polinización azarosa entre un limoeiro e unha laranxeira amarga. 
Recibe o nome científico de Citrus bergamia, e o popular en italiano de bergamotto, derivación da palabra turca bei armudu, que significa pera do bei polo seu parecido á pera na forma e no talo. 
Ten sabor agrio e da súa aromática pel obtense aceite esencial.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora