xoves, 21 de abril de 2022

Xardín de Babilonia

E achábase tamén ao pé da acrópole o xardín que chamaban colgante, que fora construído, non por Semíramis, senón por un rei sirio posterior como obsequio a unha concubina; disque esta, persa de raza, tiña saudades dos prados das montañas e pediu ao rei que imitase as particularidades do territorio persa mediante a destreza dos cultivos.

Diodoro de Sicilia: Biblioteca histórica, libro II, 10, 5-10 (s. I a.C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora