martes, 5 de abril de 2022

Odisea, I



Fálame, Musa, daquel varón enxeñoso e astuto que, tras destruir a sagrada cidade de Troia, andou sen rumo moito tempo e coñeceu as cidades e os costumes de moitos homes, e padeceu innumerables traballos no mar tratando de salvar a propia vida e a dos seus camaradas camiño da súa patria. 
E aínda así non o deu conseguido, e eles pereceron pola súa propia loucura. Insensatos que devoraron os rabaños do Sol, fillo de Hiperión, e el non os deixou volver.

Ou deusa, filla de Zeus!, cóntanos, aínda que non sexa máis que unha parte de tales cousas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora