luns, 18 de abril de 2022

Lady Ottoline Morrell: Lytton Strachey e Virginia Woolf (xuño, 1923)

Na mañá do 28 de marzo de 1941, Virginia Woolf dirixiuse ao pavillón-estudio do xardín de Monkey's House (Sussex) e escribiu dúas cartas para os que máis quería: o seu home, Leonard, e a súa irmá Vanessa. Nelas contáballes que ouvía voces e que non se podía concentrar, que non se daría nunca restablecido, e que non podía seguir a estragar a vida del, nin seguir para adiante. 

Despois volveu á casa e escribiu outra vez a Leonard: "Querido: estou segura de que, de novo, toleo. Creo que non vou superar outra daquelas terribles temporadas. Non me vou curar nesta ocasión. Empecei a ouvir voces e non me podo concentrar. Polo tanto, fago o que me parece mellor. Ti déchesme a maior felicidade posible..."

Deoxpi a carta a sala e saíu cara ao río Ouse. Alí, meteu unha gran pedra no peto e entrou na auga á procura da única experiencia que nunca podería relatar: a da propia morte. Tiña 59 anos, nove novelas publicadas e cinco ensaios publicados, ademais de diarios e numerosa correspondencia.

Desde moi nova, a vida de Virginia estivo marcada pola loucura; en 1895, após a morte da mai, decatouse de que enlouquecera, e que podía volver pasar. "Acelerábaselle o pulso ata un punto inaturable... irritable e nerviosa... logo deprimida", di na biografía dela o seu sobriño Q. Bell. 

Ela nacera o 25.01.1882, filla de Julia (que morreu cando a nena tiña só 13 anos) e Leslie, apaixonado da filosofía e a literatura, con quen Virginia coñeceu a Platón, Spinoza, Montaigne e Hume, e a literatura inglesa.

Formaban unha gran familia: 3 irmáns, 3 medios irmáns e unha irmá deficiente á que Virxinia case non tratou, pero en principio unha familia feliz, aínda que tras a morte da mai George, un dos medios irmáns, acosaría sexualmente a Virginia, que era unha nena pouco común, que tardou bastante en aprender a falar, e que estaba moi unida á súa irmá Vanessa; as dúas soñaron de nenas que Virginia sería escritora e Vanessa pintora, e o soño acabaría cunpríndose.

Foron o epicentro do grupo de Bloomsbury, xuntando arredor delas os amigos que Thoby e Adrian fixeran en Cambridge: Lytton Strachey, J. Maynard Keynes, Clive Bell (que logo casaría con Vanessa), Leonard Woolf (marido de Virginia desde 1912), desmond MacCarthy, Roger Fry, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora