domingo, 27 de febreiro de 2022

Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos


Dous rapaces, non sei onde,
Ben non me podo acordar;
Do vento mouros, garridos,
De tenro corpo lanzal,
Cal dous follentes brabádigos,
Da terra de Breogan;
Nun sitio vougo, areoso,
Se puxeron a cantar:

Dicide, ventos da Croa
O qu' oístes sen tardar:

   —Dunha lancha a branca vela,
Da negra altura ao tornar,
Parece, toda encurvada,
Da virazon xorogal,
Unha ala dunha gaivota,
Que máis alta qu' outra vai.
Que garrida é a branca vela,

Cando se ve bandear!...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora