luns, 17 de xaneiro de 2022

Santo Antón Abade, coñecido en Galicia como Santo Antón Lacoeiro, foi un monxe cristián fundador do movemento eremítico. Del dise que descubriu a sabedoría observando os animais, e o amor divino através da natureza, e así se converteu no patrón dos animais domésticos -sobre todo dos que axudaban nas tarefas do home-, simbolizados no porco, do que se obtiña o sustento para toda a familia durante gran parte do ano, e no asno, incansable traballador no campo, ao que tamén se coloca a miúdo na iconografía do santo.

O día de Santo Antón aproveitábase en moitos lugares para proceder á benzón dos animais. En Lugo esta tradición perdeuse, quizais "[...] por los abusos cometidos por los "albéiteres" o curanderos de reses, los cuales se permitían leer ellos mismos las bendiciones con fórmulas casi siempre supersticiosas y muchas veces heredadas entre familiares, como podía heredarse una finca [...] " (El Progreso 17-1-1962) aínda que era típico o costume de que os labregos acudisen á capela da Soidade, onde se veneraba a imaxe e, ben por térselles salvado algún animal da morte, ou ben por devoción, lle trouxesen ao santo donativos en forma de lacón, cachucha ou dente ,que logo de seren bendicidos eran poxados pola Confraría de Santo Antonio de Padua e a Purísima Concepción

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora