luns, 24 de xaneiro de 2022

Bouza Brey: Sabugueiro


Sabugueiro da folla repenicada
polo maio estralando de brancas flores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo prós meus amores.
Que non fuxan os merlos que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teus verdores:
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo prós meus amores.
Cocereiche con cornos de vacaloura,
con fiúncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxe loura
pra facer un feitizo prós meus amores.
Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
túas flores segura menciña son,
que ti tamén floreces cando florece,
vermelliño de rosas, meu corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora