mércores, 29 de decembro de 2021

Botticelli: Madonna do libro

 O azul era case inexistente na arte arcaica occidental, ata o punto de os gregos non teren unha palabra para identificalo e o mar da Odisea é de cor de viño. 
No antigo Exipto lograron un pigmento chamado axul exipcio a base dunha xema rara chamada azurita, pero, aínda que se usou durante miles de anos, a fórmula e o método de elaboración acabaron caendo no olvido. 
Outros pigmentos de azul conseguíanse moendo turquesas e lapislázuli, pedra semipreciosa que até os inicios do século XVIII seguía a ser a base do azul máis estable, brillante, puro e intenso dos moi escasos dispoñibles en Europa: o azul ultramariño, que recibía este nome por proceder de alén mar, dunha mina situada no actual Afganistán, e tras percorrer uns 5.600 kiómetros de áreas montañosas e desertos, e atravesar o Mediterráneo, chegaba a Venecia, capital mundial das cores naquela altura, onde era vendido, literalmente, a prezo de ouro: unha onza dese pigmento custaba, precisamente, unha onza de ouro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora