luns, 8 de novembro de 2021

Robinson nas Seychelles

A segunda vida do inglés Brendon Grimshaw comeza cando compra por trece mil dólares unha pequena illa deshabitada nas Seychelles (África Oriental) á que se muda, deixando todo atrás, mesmo o seu traballo de editor dun xornal.
A illa levaba 50 anos abandonada cando Brendon fixo dela o seu fogar acompañado dun amigo chamado René Lafortune, que só pasaría nela temporadas ocasionais; Brendon sen embargo, non marchou nunca.
Durante 39 años, Grimshaw e Lafortune plantaron 16.000 árbores coas súas propias mans, e abriron case cinco quilómetros de camiños.
En 2007, cando René Lafortune morreu, Brandon, de 81 anos, continuou na illa. Atraeu dúas mil novas especies de aves e introduciu máis dunha centena de tartarugas xigantes á beira da extinción. Grazas ao seu esforzo, aquela illa deserta hoxe acolle dous terzos da fauna das Seichelles e converteuse nun paraíso. Hai algúns anos un príncipe saudita ofreceu cincuenta millóns de dólares pola illa, pero o novo Robinson negouse a vendela porque non a quería ver convertida nun lugar de vacacións para ricos; en 2008 conseguiu o seu soño de que fose declarada parque nacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora