sábado, 20 de novembro de 2021

Dendrocronoloxía

É a ciencia que estuda a antigüidade da madeira. Permite saber o ano en que se cortaron as árbores e, tendo en conta o tempo de secado, establecer a datación aproximada para a madeira do soporte das obras.

A maioría das pezas das obras do Bosco proceden de carballos do Báltico. A madeira do soporte do Xardín das Delicias é dunha árbore cortada en 1458, e non usada até aproximadamente 1490, após un longo período almacenada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora