mércores, 21 de abril de 2021

Patricia e a soidade



Instantes antes de morrer, Patricia Highsmith pediu a unha amiga que estaba con ela que saíse do cuarto. Quería morrer como vivira: soa.

Highsmith morreu o 4 de febreiro de 1995 nun hospital de Locarno (Suíza). A causa da morte foi a coincidencia de dúas doenzas simultáneas: anemia aplásica e cancro.

Cóntase que na casa case nunca había comida, para alén de manteiga de cacahuete e vodka, moito vodka.

Alí vivía e escribía cos seus compañeiros favoritos: os caracois e os gatos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora