domingo, 25 de abril de 2021

Historia de Cecilia

Escoiteille a Lucio Flaco, o sumo sacerdote de Marte, contar a historia seguinte: Cecilia, filla de Metelo, quería casar a filla da súa irmá e, segundo o vello costume, foi a un oráculo para recibir un presaxio. 

A rapariga estaba de pé e Cecilia sentada, e pasou un anaco longo sen que se oíse ningunha palabra. Cando a sobriña sentiu que estaba cansa díxolle a Cecilia:

-Déixame sentar un pouco.

-Por suposto, querida -dixo Cecilia-; déixoche o meu sitio.

Estas palabras eran o augurio, porque Cecilia morreu pronto e a sobriña casou co viúvo dela.

Cicerón: Fragmento de De divinatione, 44 a.C.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora