mércores, 27 de maio de 2020

Domenico Ghirlandaio: Retrato de Giovanna Tornabuoni (1489-90)

Nacida o 18 de decembro de 1468, a oitava filla do matrimonio formado por Masso di Luca Degli Albizzi e Caterina Soderini viu como o acontecemento máis importante da súa corta vida había de ser o seu casamento con Lorenzo Tornabuoni, un rico herdeiro vinculado aos poderosos Médici.

Ela tiña só 18 anos e foi a protagonista absoluta dos tres días que duraron os festexos nupciais. Ao año seguinte, naceu o primeiro fillo, Giovanino; pero non sobreviviu ao segundo embarazo e morreu antes dos 20 anos.

O seu rostro sen embargo sobreviviu ao paso dos séculos grazas ao retrato póstumo que a familia encargou a Domenico Ghirlandaio para presidir os salóns do palacio. Nel aparece a muller de perfil, vestida con encaixes, peiteada con moño e adornada con vistosos aderezos. Completan a imaxe, ao fondo, un colar de coral (frecuente nos cadros da época, destinado a evitar males de ollo) e un libro de horas.

O cartellino que figura á dereita contén un fragmento dun epigrama de Marcial: "Oxalá puidese a arte reproducir o carácter e o espírito! En toda a Tierra non se daría atopado unha imaxe tan fermosa" (Marcial, XXXII).

A pintura permaneceu no Palazzo Tornabuoni de Florencia, ata pasar a mans dos Pandolfini. Máis tarde formou parte da colección do barón Achille Seillière e a princesa Sagan en Francia. E
n 1878 atopábase en Brighton, na colección de Henry Willet, e que a principios do s. XX estaba en poder de Rudolf Kann, ata que en 1907 é o millonario americano J. Pierpont Morgan quen se fai coa obra; díxose que o seu interese pola táboa se debía a que a beleza e a mocidade da retratada acordaron nel a lembranza da súa primeira esposa, falecida moi nova de tuberculose.

Á morte de J.P Morgan, o fillo vendeu o cadro en 1935 ao barón Thyssen, que o trouxo de volta a Europa, depositándoo en Villa Favorita (Lugano).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora