luns, 20 de abril de 2020

Crónica troiana: Como Paris casou con Helena

Os amores de Paris e Helena (1788), de Jacques-Louis David


El-rei era ensinado e cortés, e tomou perla rédea o palafrén en que viínha a reínha Helena, e começou a dizer-lhe sua razón e confortá-la muito, e rogando-lhe que non chorasse e que non quisesse tanto desmaiar. E prometeu-lhe que ela seeria senhora do reino e de quanto en el havia. E tanto foron ambos falando que entraron en Troia. E segundo nos Dares conta, nunca foi tan grande alegría feita nen oída como troiãos fezeron, cada un con seu amigo. Aquela alegria miísma que i foi feita aquel dia, essa miísma foi feita per toda a terra. E todos albergaron aquela noite a seu sabor.

En outro dia pedeu Paris a rei Príamo, seu padre, que lhe outorgasse a moi fremosa Helena por molher. E el outorgou-lha. E Paris, sen máis tardar, recebeu-a logo por esposa, que se non quiso deteer mais. E el-rei Príamo lhes fezo logo as vodas, moi ricas e moito honradas. E todos delo havian moi gran prazer, e fazían grande alegría do que Paris acabara, e prazía-lhes moito de coraçón porque havían moirto seus imiigos. E tinham-no por grande honra e por grande exaltamento. E fezeron grandes festas todo aquel mes, ca assi era de costume de o fazer, quendo vencian seus imiigos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora