mércores, 29 de abril de 2020

Un policía vixía as rúas de Roma durante a pandemia

Zeus ou Poseidón


Atopado no mar do Cabo Artemisión, ao norte de Eubea, o deus estende o brazo esquerdo diante de si mentres sostén un raio ou un tridente na man dereita. Hai controversia sobre se se trata de Zeus ou Poseidón, e é unha das poucas estatuas conservadas do Estilo Severo, obra dun gran escultor do período Clásico inicial (arredor do 460 a.C.)

luns, 27 de abril de 2020

Robert Doisneau: Marguerite Duras, gran afeccionada ao Negroni

El cóctel Negroni se remonta a Florencia, en 1919, y se dice que fue creado por Fosco Scarselli en su bar, el Café Casoni, después de que el famoso conde Camilo Negroni le pidiera que reforzara su cóctel favorito, el Americano, sustituyendo el agua con gas por un chorrito de ginebra. Scarselli añadió una rodaja de naranja como decoración, en lugar de la habitual piel de limón, y así nació el Negroni.

domingo, 26 de abril de 2020

A Biblioteca Nacional


 Fachada e frontón, obra de Agustín Querol, rematado por tres esculturas, unha en cada extremo do triángulo: o Xenio (dereita) e o Estudo (esquerda) e, no vértice superior, España (ao pé do león que simboliza Castela).


A figura central do frontón representa a Paz; aos seus pés, o xenio da Guerra rompendo unha espada, ao que seguen as distintas artes e ciencias: a Elocuencia, a Poesía, a Música… unha alegoría do triunfo das artes, as letras e as ciencias baixo o amparo da Paz.

venres, 24 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

Crónica troiana: Como Paris casou con Helena

Os amores de Paris e Helena (1788), de Jacques-Louis David


El-rei era ensinado e cortés, e tomou perla rédea o palafrén en que viínha a reínha Helena, e começou a dizer-lhe sua razón e confortá-la muito, e rogando-lhe que non chorasse e que non quisesse tanto desmaiar. E prometeu-lhe que ela seeria senhora do reino e de quanto en el havia. E tanto foron ambos falando que entraron en Troia. E segundo nos Dares conta, nunca foi tan grande alegría feita nen oída como troiãos fezeron, cada un con seu amigo. Aquela alegria miísma que i foi feita aquel dia, essa miísma foi feita per toda a terra. E todos albergaron aquela noite a seu sabor.

En outro dia pedeu Paris a rei Príamo, seu padre, que lhe outorgasse a moi fremosa Helena por molher. E el outorgou-lha. E Paris, sen máis tardar, recebeu-a logo por esposa, que se non quiso deteer mais. E el-rei Príamo lhes fezo logo as vodas, moi ricas e moito honradas. E todos delo havian moi gran prazer, e fazían grande alegría do que Paris acabara, e prazía-lhes moito de coraçón porque havían moirto seus imiigos. E tinham-no por grande honra e por grande exaltamento. E fezeron grandes festas todo aquel mes, ca assi era de costume de o fazer, quendo vencian seus imiigos.

A música calada, a soedade sonora