venres, 29 de novembro de 2019

Cunqueiro: Poema de Cantiga nova que se chama riveira

 8

Hai unha illa louvada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.

Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol.

Ten lúa nova e crecente
e ollos pra dicir ai lá!
A boca tena pechada
para vendimas de sal.

E ten un cabelo novo,
ai amor! que pelo ten.
Cheiro profundo de alga
e sabor lindo de mel.

Hai unha illa louvada
Alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora