xoves, 14 de xuño de 2018

Lonxe da terriña

 Poema de Aureliano J. Pereira musicado por Xohán Montes.

(Versión en YouTube)

Lonxe da terriña,
lonxe do meu lar,
que morriña teño,
que angustias me dan;
non che nego a bonitura,
ceíño desta terriña,
ceíño da terra allea,
ai, quen che me dera na miña.

Ai, meu alalá,
cando te oirei,
chousas e searas,
cando vos verei;
son as flores deses campos
florentes e bonitiñas,
ai, quen aló che me dera
entre veigas e entre ortigas.

Lonxe da terriña,
que angustias me dan,
os que vais pra ela
con vós me levai,
os que vais pra ela
con vós me levai,
os que vais pra ela
con vós me levai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora