luns, 15 de xaneiro de 2018

George Silk: Country Boy (1940s)

Esperto e Adrián está sentado aos pés da cama.

Case sempre discutimos sobre as mesmas cousas, unha e outra vez.

Evitamos falar do importante.

Falo do que vin, do que lin, case nunca daquilo que toquei. 

Ivan baixou mercar pan e dámo aos poucos na boca.

Pedimos comida por teléfono. Fóra comeza unha manifestación.

Se non falamos das cousas importantes se cadra é porque vivimos xuntos.

Porque hai momentos en que os nosos corazóns baten dentro do mesmo cuarto e o meu estómago vaise enchendo de pan.

O mundo respira. Discutimos.

Entón pregunto:

De que cor terán os ollos os fillos cos que soñei?

E comezamos outra conversa.

Ismael Ramos: "Un poema novo", en Lixeiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora